Xa dixen que en Allariz hai moitas igrexas. Agora teño que dicir que hai moitas menos igrexas que tabernas.
Os viños que máis se beben son do Ribeiro e Verín, que, segundo os entendidos, son viños frouxos. Eu non lles vou a levar a contraria aos entendidos, porque xa se sabe que, ás veces, non hai como ser entendido para entender. O que digo é que todos os sábados pola noite, en Allariz, o viño de Verin e o do Ribeiro subíanse a unha chea de cabezas, aínda que as cabezas eran case que sempre as mesmas: a do Tarabá, a do Pardau, a do Boca.

[ continuar leyendo ]