A silandeira sombra sin consolo
de aquil que fun, decote vai comigo.
Lexano amor, hedra que medra e medra
dentro de min rubíndome a modiño.

Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
coma un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.

Fecunda sementeira do pasado,
espello meu, única vida viva,
tódalas cousas morren i esmorecen
somente ti, lembranza, te eternizas.

Espello meu, no que me estou ollando:
ise que agora son xa non esiste.
O tempo faise estatua na saudade
i eu morro de saudades cada intre.

Te puede interesar:
Literatura Gallega- Ourense Cousa de Meigas
Biblioteca Virtual Galega