Ollaime ben, eu son un arbre triste
feito de escura terra.
Un segredo de outonos e de lúas
pola raíz me chega.


Un agoiro de páxaros durmidos
nas miña ponlas medra.

Vede estas maus de ventos e solpores,
vede como latexan.
Son os froitos acedos
dunha antiga colleita
de medo e soidá. Sobre min choven
as soidades amargas das estrelas.

Ollaime ben, eu son un arbre triste
afincado na orela
dun río intermináble, misterioso,
de muda voz coma o falar das pedras.
Estou pechado en min. Alá por fóra
os homes viven, morren, sempre a cegas
camiñan apalpando a longa noite,
namentras o bon Dios, calado, espreita.

Te puede interesar:
Literatura Gallega- Ourense Cousa de Meigas
Biblioteca Virtual Galega