Nai - Celso Emilio Ferreiro
Eu non choro por ti, pois sei que mouras
xunto á fonte do tempo, alá no fondo
de tódolos camiños das estrelas.
Choro por min, cun pranto incosoláble,
que me quedei sin ti, meu limpo espello.
Coma un arbre na noite, soio e núo,
fendido polo cerne, coas raíces
sin os doces segredos das violedas.
Choro por min, por estas maus de cinza
que outrora foron pombras,
cando o meu corazón era un paxaro
e ti pasabas sempre atafegada
nun rumor de formiga labourando.
Tecían as labercas seus abrentes
i eu era un vagalume, unha estreliña
ateigada de luz polas vereas.
Dios estaba con nós.
Agora estou soliño.
Orfo de beixos tépedos sin mácula.
Choro por min que xa non teño colo
para pousarme nil coma nun niño,
miña nai imposíbel, viva e morta
no cristal dos meus ollos.
Te puede interesar:
Literatura Gallega- Ourense Cousa de Meigas
Biblioteca Virtual Galega

publicado el 07 del 03 de 2008 »

19 de Mar de 2008 a las 12:30 pm
[…] Apuntes La cita con la muerte A Santa Compaña El círculo del noventa y nueve Roma Vs. Gallaecia (I) Sobre a morte de Bieito Aturuxo - Celso Emilio Ferreiro Nai - Celso Emilio Ferreiro […]