Sobre a morte de Bieito
Foi preto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó pobre Bieito.(Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou foi aprensión miña? Entón no podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maiño…! Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel maiño rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto — comprendede, escoitade — polo tanto non podía, non debía dicir nada.
Imaxinade nun intre que eu dixese:
– O Bieito vai vivo.

publicado el 20 del 10 de 2007 » 