Tiven medo de bogar - María Mariño

Calendario publicado el 10 del 03 de 2008 » ( 0 ) Comentarios

Tiven medo de bogar,
tiven medo de auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
¡non bogaba!, ¡non bogaba!

O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.

Te puede interesar
¡Inda vou na misma meniña…

en Poesía Galega | rss 2.0 | comentar | trackback

¡En pé! - Ramón Cabanillas

Calendario publicado el 03 del 03 de 2008 » ( 0 ) Comentarios

¡Irmáns! en pé sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancura
da luz que cae de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,

[ continuar leyendo ]

en Poesía Galega | rss 2.0 | comentar | trackback

A Rosalía de Castro - Filomena Dato

Calendario publicado el 16 del 02 de 2008 » ( 0 ) Comentarios

Non é lostrego hermoso,
é luz perenne e crara
a luz con qu’ alomeas
¡ouh sol d’ a miña pátrea!
É luz que sempre brila
y-o tempo non apaga.

[ continuar leyendo ]

en Poesía Galega | rss 2.0 | comentar | trackback

Anxelinos ó Ceo - Valentín Lamas Carvajal

Calendario publicado el 17 del 10 de 2007 » ( 0 ) Comentarios

Repinican as campanas;
camiño d’ o Cimeterio,
levado ô lombo de catro
que foron seus compañeiros,
vai n-unha caixa postiño
o calávre d’ un pequeno,
que mais que morto semella
dormido ánxel d’ o ceo,
pois coroado de froles
e con aliñas puxérono;
e leva en cruz as manciñas,
leva os lábeos entrabertos
o sembrante com’ a neve
branco, y-os olliños pechos,
e como madeixas d’ ouro
vánlle brilando os cabelos. [ continuar leyendo ]

en Poesía Galega | rss 2.0 | comentar | trackback

Wordpress - Theme Allariz 1.0 de Brétema 2007